Co gallo do Ano Internaciona María Casares 2022, estreamos a peza audiovisual "María Casares na Coruña".
Vídeo elaborado pola Biblioteca de Estudos Locais e presentado pola súa directora, Milagros García Pérez, no que se recollen testemuños bibliográficos, documentais e gráficos da presenza de María Casares na cidade da Coruña.
De entre todos eles, escolléronse aqueles que se poden consultar nas institucións públicas da cidade: a Biblioteca de Estudos Locais, o Arquivo Municipal, o Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, o CGAI, a Biblioteca Pública Miguel González Garcés, o Palacio Municipal de María Pita, a Casa Museo Casares Quiroga, a Fundación Luis Seoane, o Arquivo do Reino de Galicia e a Real Academia Galega.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible