Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica

Préstamo de tabletas

tableta

Na Biblioteca Fórum Metropolitano dispoñemos do servizo de préstamo de tabletas, modelo Nexus 7, para aquelas persoas maiores de idade que, sendo socias das bibliotecas, presenten o DNI xunto co seu carné no momento de préstamo.

Condicións para o préstamo de tabletas

  • É necesario ser socio/a da biblioteca, maior de idade e presentar o carné xunto co DNI no momento do préstamo. Non poderá ter o carné penalizado.
  • A persoa interesada debe ler e asinar un documento de aceptación das condicións de uso así como facilitar o DNI para facer unha fotocopia que se achegará co devandito documento.
  • O/a usuario/a interesado/a solicitará o servizo no mostrador da biblioteca.
  • A duración do préstamo será de 21 días.
  • Prestarase un dispositivo por persoa cos accesorios oportunos.
  • O persoal da biblioteca comprobará que a tableta vaia acompañada dos seus accesorios. Isto farase antes do préstamo e no momento da devolución. A persoa usuaria terá que estar presente.
  • Ao devolver a tableta, restaurámola á configuración inicial para limpar todos os datos persoais e apps descargadas. A túa seguridade e privacidade quedan garantidas.

Condicións de uso

  • O préstamo e a devolución realizaranse na propia biblioteca e entregaráselle en man ao persoal bibliotecario.
  • O dispositivo ten que ser devolto con batería para ser aceso e con todos os accesorios.
  • A persoa usuaria non poderá "rootear" ou piratear a tableta, calquera práctica que implique cambiar ou modificar o sistema operativo e a zona de memoria onde se gardan os valores de fábrica da tableta. A persoa usuaria poderá instalar calquera programa que non lle afecte ao funcionamento de baixo nivel da tableta, para que esta poida ser reseteada sen problemas aos seus valores de fábrica.
  • Haberá que comunicar no momento da devolución se hai algún problema de funcionamento do aparello. De non comunicarse, considerarase responsable a última persoa usuaria e aplicaráselle a sanción correspondente.

Incumprimento das condicións de uso

  • Cando a persoa usuaria se atrase aplicaráselle a mesma sanción que co resto dos materiais da biblioteca: días de atraso equivalentes a días sen préstamo.
  • Devolver o lector con danos debido a un mal uso levará unha sanción de 3 a 6 meses sen facer uso dos servizos das bibliotecas municipais para os que se requira a presenza do carné (préstamo, internet). Coa reparación dos danos eliminarase a sanción.
  • Non devolver o dispositivo ou algún dos seus compoñentes implicará unha suspensión permanente do uso do carné das bibliotecas municipais. Soamente a reposición dos aparellos eximirá de tal sanción.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á busca avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión