Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Acceso ás bibliotecas e participación en actividades

  • Acceso ás bibliotecas

O acceso á Biblioteca de Estudos Locais require a solicitude previa de cita.

No resto de bibliotecas o acceso é libre, coa única limitación da capacidade máxima marcada polas autoridades sanitarias. Se o prefires podes tamén facer a túa solicitude de cita antes de acudir. Iso si, ten en conta que se trata dunha solicitude e que terás que recibir a confirmación da biblioteca para garantir a súa dispoñibilidade.

No caso das salas infantís, as menores de 6 anos (que non teñen a obriga do uso de máscara) deberán ir acompañadas de unha persoa adulta responsable.

  • Participación en actividades virtuais

Como consecuencia das limitacións actuais, algunha das actividades están sendo adaptadas ao escenario virtual. Cada actividade diríxese a un público concreto, do que dámos conta na relación total de actividades que podes consultar no buscador.

  • Participación en actividades presenciais

Hai determinadas normas especiais que todas e todos debemos cumprir para participar nas actividades presenciais que organizamos cando as restricións vixentes o permiten:

  • Uso obrigatorio de máscara para todas as persoas maiores de 6 anos
  • Uso obrigatorio de xel hidroalcohólico antes de entrar á biblioteca
  • Mantemento da distancia de seguridade entre persoas ou grupos de persoas que acceden xuntas

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión