Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Estas son as preguntas máis frecuentes de uso e servizos das bibliotecas nesta pandemia da COVID-19. Ponte en contacto connosco se necesitas máis información sobre algo.
Cales son os horarios de atención ao público?
Desde o 16 de setembro ampliamos todos os horarios das bibliotecas, reservamos en todas elas xornadas para a atención programada a grupos. Bótalles un ollo á sección de horarios.
Que servizos están dispoñibles neste momento?
Activamos todos os servizos, salvo o visionado e as consolas.
Vou poder acceder ás instalacións libremente?
SI nas salas xerais. NON, de momento, nas infantís. Só Ágora e Castrillón habilitaron os espazos dirixidos a público de a partir de 9 anos.
Teño que ir con luvas e máscara?
É obrigatorio o uso de máscara no interior dos espazos públicos por orde ministerial, pero non se require o uso de luvas para acceder ás nosas instalacións.
Á entrada da biblioteca temos a disposición de todas as persoas usuarias un dispensador de xel hidroalcohólico para unha limpeza eficaz das mans, sen necesidade de aclarado. É obrigatorio usalo ao entrar e recomendable ao saír.
Necesito ser socio/a para usar os servizos da biblioteca?
Necesitas dispoñer dun carné para levar materiais en préstamo da biblioteca, ou a Tarxeta Millennium activada na biblioteca. Facerte socia/ou é gratis e pódelo facer a través do seguinte formulario. Tamén o necesitarás para o acceso aos postos informáticos.
Como podo consultar a colección para solicitar un préstamo?
A través da páxina web podes acceder ao OPAC (catálogo da colección en liña) e facer procuras dos materiais que che interesan (por autor/a, título, palabra clave etc.). Tes libros, CD, películas, música, cómic etc.
Tamén podes chamar á túa biblioteca máis próxima e os bibliotecarios axudaranche e asesorarante por teléfono. En función dos teus gustos e intereses recomendaranche lecturas, películas, cómic, música etc.
Podo devolver os libros dunha biblioteca noutra diferente?
NON. Tes que devolver os materiais na biblioteca onde colliches o préstamo.
Cantos materiais podo coller en préstamo e durante canto tempo?
15 materiais durante 1 mes, coa posibilidade dunha prórroga de 10 días só nos libros e DVD documentais.
Se o libro está prestado, podo pedir que mo reserven?
A partir do 16 de setembro, SI. Ten en conta que todos os materiais pasarán unha corentena de 7 días desde a súa devolución.
Cando recolla o material, vai estar desinfectado debidamente?
SI, todos os libros e materiais da biblioteca de acceso ao público foron desinfectados. Cada vez que se devolve un libro, este pasa un período mínimo de corentena de 7 días antes de dispoñelo novamente para o préstamo.
Podo ir recoller o material sen cita previa?
SI, aínda que as capacidades están limitadas en todas as bibliotecas.
Como lles van facilitar as bibliotecas o rastrexo ás autoridades sanitarias?
Xa non necesitamos solicitar os datos das persoas que acceden ás instalacións porque existe unha aplicación gratuíta desenvolvida polo Ministerio de Sanidade que se encarga diso: Radar Covid. O seu uso é sinxelo e moi eficaz. Pregúntanos como usala.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible