Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica

Reactivación dalgúns servizos

consulta e estudo nas salas

Desde o 22 de xuño reactivamos o servizo de estudo e consulta en sala e uso de equipos informáticos, ambos con cita previa.

Para garantir a túa seguridade, os materiais que se queiran consultar en sala deben sérenlle solicitados ao persoal da biblioteca, e unha vez que sexan devoltos estes pasarán unha corentena como medida de prevención.

Estudo e consulta en sala

Salvo excepcións*, as bibliotecas ofrecen a posibilidade de reservar un posto para o estudo e a consulta en sala a través do seguinte formulario ou chamando por telefono á biblioteca á que queiras acudir.

*O estudo non está permitido na Biblioteca de Estudos Locais, e a Biblioteca Fórum ten pechado temporalmente o servizo de estudo e consulta en sala.

Uso de postos informáticos

En todas as bibliotecas atoparás ordenadores de uso público e gratuíto nos que te poderás conectar a Internet, chatear coa túa familia no estranxeiro, escoitar música e ver vídeos ou utilizar programas ofimáticos: procesadores de texto, follas de cálculo, editor de presentacións etc.

Para solicitares un destes equipos debes realizar unha cita previa a través do formulario de reserva de postos informáticos ou chamando á biblioteca á que queiras acudir.

Información importante

Nos postos atoparás un sistema de información por cores para indicar que o posto está desinfectado ou pendente de desinfectar:

  • Un indicativo en verde para os postos desinfectados e dispoñibles para usar.
  • Ao deixar o posto teremos que xirar o indicativo para o lado da cor vermella para indicar que debe ser desinfectado.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á busca avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión