Comezamos o ano 2022 na Biblioteca Os Rosales co ciclo temático "Falemos de saúde mental".
A OMS define a saúde mental como un estado de benestar no que a persoa realiza as súas capacidades e é capaz de facer fronte ao estrés normal da vida, de traballar de forma produtiva e de contribuír á súa comunidade.
Porén, durante a pandemia, semella que se puxeron de manifesto as carencias e vulnerabilidades do noso sistema á hora de abordar o significativo aumento dos trastornos psicolóxicos que se veñen producindo e que, directa ou indirectamente, aféctannos a case todos.
Por iso, na Biblioteca Os Rosales pensamos que é o momento oportuno para iniciar unha conversa sobre a necesidade de promover o coñecemento sobre a saúde mental e o decisivo papel que xoga nas nosas vidas.
Esta é a nosa proposta:
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible