Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Contacontos
Infantil de 0 a 7 anos / Familias
De xuño a agosto. Semanal
¿En que consisten As bibliotecarias contan...?
#AsBibliotecariasContan é unha iniciativa que nace en tempos de confinamento pola crise do covid19 para achegar ás máis pequenas e pequenos da casa as historias dos contos de pantalla a pantalla.
Todos os venres ás 11.00 horas no noso Instagram
Deste modo, a pesar de que as actividades aínda non poden desenvolverse nas bibliotecas, seguimos gozando de fermosos contos, na modalidade virtual pero coa mesma dedicación, emoción, agarimo e coidado que poñen as nosas bibliotecarias das salas infantís.
+ info no blogue das salas infantís.
Programación As Bibliotecarias Contan:
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible