Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Abandono escolar en Galicia. Datos, boas prácticas e áreas de mellora

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

20/10/2022

Xa rematou

Inscricións:

Acceso libre até completar a capacidade.

Horario:

Das 19.00 h ás 20.00 h.

Duración:

1 hora

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

Educación nas marxes. Conversas arredor da equidade, a diversidade e a calidade nas marxes do sistema educativo galego. Coordinado por Lara Crespo.

O xoves 20 de Outubro ás 19 h. temos a primeira conversa do ciclo Educación nas marxes na Biblioteca Fórum Metropolitano. Falaremos de Abandono escolar en Galicia. Datos, boas prácticas e áreas de mellora.

Ponentes:

  • Paco López. Orientador educativo xubilado.
  • Nieves Delgado. Profesora de FBP, ESO e Bach.

O Ciclo "Educación nas marxes" busca conversar coas persoas da contorna coruñesa sobre a educación que sucede fora dos focos informativos. Queremos sumar voces para traballar por unha educación equitativa, diversa e de calidade que acolla a tódalas persoas e estea conectada coas súas realidades.

LARA CRESPO GARCÍA (Profesora, formadora e científica):

Apaixonada da educación e da FP. Doutora en Biomedicina, profesora de FP Básica e Grado Medio. Co-fundadora da Asociación en la Ultima Fila e Coordinadora do proxecto Master FPlaB, un máster contra o abandono escolar prematuro dos alumnos de FPB. Actualmente traballa dende A Coruña como consultora educativa independente en proxectos relacionados coa formación docente

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión