Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

As bibliotecarias contan: "Vamos a cazar un oso"

Por tipo de actividade:

Contacontos

Por tipo de público:

Infantil, Familias

Cando:

31/07/2020

Xa rematou

Inscricións:

Actividade en liña, acceso dende as distintas redes sociais: twitter, facebook e instagram co cancelo #asbibliotecariascontan

Horario:

Ás 11.00 horas

Hashtag:

##asbibliotecariascontan

As Bibliotecas Municipais damos continuidade durante os meses de verán á nosa programación de actividades destinadas para as e os máis pequenos e pequenas da casa, por mor da actual circunstancia, nesta ocasión en modalidade virtual. As bibliotecarias, tamén, contan no verán.

Non perdades a historia de Vamos a cazar un oso, un conto onde unha valente familia propón saír unha mañá en busca e captura dun oso grande e perigoso. Polo camiño, atópanse con todo tipo de obstáculos descubrindo en cada ocasión que non queda máis remedio que atravesalos para poder avanzar. Ao final atoparán unha cova tenebrosa... será tan valente esta familia?. É unha historia moi divertida que se converte nun xogo de rimas

A cita será todos vos venres ás 11:00 non Instagram dás Bibliotecas Municipais dá Coruña @bibcoruna e na nosas redes sociais twitter, facebook e instagram co cancelo #asbibliotecariascontan

+ info no blog das salas infantís.

Queres saber ...

  • As bibliotecarias contan...

    ¿En que consisten As bibliotecarias contan...?

    #AsBibliotecariasContan é unha iniciativa que nace en tempos de confinamento pola crise do covid19 para achegar ás máis pequenas e pequenos da casa as historias dos contos de pantalla a pantalla.

    Todos os venres ás 11.00 horas no noso Instagram

    Deste modo, a pesar de que as actividades aínda non poden desenvolverse nas bibliotecas, seguimos gozando de fermosos contos, na modalidade virtual pero coa mesma dedicación, emoción, agarimo e coidado que poñen as nosas bibliotecarias das salas infantís.

    + info no blogue das salas infantís.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión