Familias
Familiar con bebés, a partir de 6 meses
06/11/2022
35 min
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
ENTRADA: 6,00 €;
ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €
MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €
Cousas que debes saber antes de virnos ver:
- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.
- Todas as persoas que accedan ao recinto en que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada.
- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (exceptuando auga).
- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
- Capacidade reducida.
agora@coruna.gal
IMCE
Espectáculo que xira entorno á voz, á música e o movemento.
BOB MARLEY PARA BEBÉS é a segunda parte da triloxía que A Petita Malumaluga iniciou co éxito internacional "Bitels para bebés" (concerto tributo a The Beatles). Música, danza, participación, tecnoloxía, reflexión e novas linguaxes escénicas para o público máis esixente: a primeira infancia e as súas familias.
Catro bailarinas que cantan, ou catro cantantes que bailan, e unha violonchelista que interpretan sofisticados arranxos vocais dos grandes temas de Bob Marley, un das principais iconas culturais afro-americanos do século XX. Unha explosión de enerxía cantada e bailada, onde o público, situado no interior dunha escenografía inmersiva a 360 graos, é o protagonista en todo momento.
Nesta ocasión, A Petita Malumaluga propón crear pontes entre as reivindicacións panafricanistas e de igualdade de Marley, e as causas feministas en varias etapas da vida da muller e en diferentes rexións do mundo.
Intérpretes: Daniela Fumadó, Ona Pla, Elsa Meneses, Sara Sambola e M. Rosa Ponsa
Autoría, Dirección e Dramaturxia: Albert Vilà e Eva Vilamitjana.
Dirección musical: Albert Vilà
Dirección vocal: Tanja Schilinski
Coreografía: Eva Vilamitjana
Vestiario: AiCarmela.
VENDA DE BILLETES
Despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h.
Despacho de billetes do Ágora: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible