Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Club de lectura LGTB QUEERuña

Por tipo de actividade:

Clubs

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

A quen vai dirixido?:

Xuvenil e público adulto

Cando:

20/10/2020

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 08/10/2020 ata o 20/10/2020

Require inscrición

Horario:

19 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Contacto:

Volve o club de lectura LGTB, que chega xa á súa V edición e, coma todos os anos, abre o seu período de inscrición.

Arrinca a quinta edición do club de lectura LGTB das bibliotecas, o QUEERuña. Este ano, tras o éxito da edición anterior, recupera as sesións intercaladas "All Stars" nas que se combinará a lectura e o debate en torno á obra colectiva Nós, xs inadaptadxs, cos dun libro debatido en edicións anteriores e que elixiremos grupalmente na primeira sesión.

A principal novidade desta V edición é que cambiamos a ubicación e o día da semana das sesións: a partir de agora será os terceiros martes de mes na Biblioteca Municipal de Estudos Locais.

O club, que se estenderá de outubro a xuño, facilitará os seguintes títulos ás 20 persoas inscritas:

A cultura LGTB está moi presente no traballo diario das bibliotecas, que poñen ademais a disposición do público o blog QUEERuña. Nel recóllense as obras que se van lendo e tamén entradas publicadas polas persoas que participan no club. Ao tempo, publícase tamén no twitter e no Instagram.

Entón, úneste a nós?

Queres saber ...

  • Club de lectura QUEERuña

    En que consiste o Club QUEERuña?

    Os clubs de lectura presenciais son, en esencia, grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha ou máis persoas coordinadoras. O Club QUEERuña ten a súa peculiaridade en que se trata do primeiro club de lectura de temática LGTBI+ de Galicia. É o espazo de diálogo sobre cultura LGTBI+ das Bibliotecas Municipais da Coruña que nace no ano 2016 co apoio da Concellaría de Igualdade e Diversidade. No ano 2022 ábrese un segundo grupo deste club, dirixido a outras 20 persoas.

    A dinámica é idéntica nos dous grupos. Cada sesión, de carácter mensual, xira arredor dun libro no que se reflicta, dun modo ou outro, o colectivo LGTB. Haberá títulos con contido máis explícito e outros con menos, pero cada sesión servirá para analizar a realidade LGTB e o seu tratamento na literatura.

    Para unirte non necesitas ser unha persoa experta na lectura: os clubs están pensados para persoas con inquietudes, ganas de ler, de facer novas amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión