Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Concerto: Grupo vocal EntrElas

Por tipo de actividade:

Concertos e recitais

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

26/11/2022

Xa rematou

Enderezo:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Contacto:

EntrElas ofrece música do noso tempo, esa que nos resulta familiar e nos trae lembranzas, coa peculiaridade de ser interpretada só coas súas voces, creando un fermoso tecido sonoro.

O realmente importante para estas mulleres é a música, sexa de onde sexa, e calquera que sexa o xénero. Trátase de desfrutar con ela cantando e de que o público tamén o faga.

O repertorio do grupo é moi variado. Interpreta obras populares galegas, chachachás, boleros, bossa novas, soul, música pop, panxoliñas do mundo, bandas sonoras de películas, reggae e outros ritmos que consideran adecuados á tipoloxía de cada concerto.

EntrElas Grupo Vocal: Inicio (grupovocalentrelas.blogspot.com)

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión