Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Coñecemento e sabedoría: Charla O xiro do pensamento contemporáneo

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Persoas adultas

A quen vai dirixido?:

+ 18 anos

Cando:

25/05/2022

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

18.30 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Contacto:

brosales@coruna.gal

981 184 389

Aventúrate a descubrir un novo tema de interese, a ampliar información e contrastar ideas, coñecementos opinións arredor de temas de actualidade ou de interese xeral.

Como pensa o mundo? Como coñecen as outras tradicións? Como viven o resto das culturas? Cales son os seus valores e crenzas? Normalmente non somos conscientes de como os sistemas de pensamento nos que nacemos conforman as nosas opinións. Porén, confrontar as nosas ideas coas do resto de tradicións culturais axúdanos a cuestionar o que pensamos e como pensamos. Tamén a descubrir outras formas de afrontar e resolver os problemas; outros xeitos de sentir e de mirar; outras maneiras, ricas e diversas, de ser humanos.

Nesta charla, enmarcada dentro do ciclo temático SABEDORÍAS DO MUNDO, invitámosche a facer un percorrido por algunhas das máis importantes tradicións sapienciais do mundo (taoísmo, confucianismo, hinduísmo, budismo, zen, etc.) co propósito de achegarnos as súas formas de experimentar a realidade e coñecelas mellor para coñecernos mellor tamén a nós mesmos. Para falar sobre o tema contamos con Benito Arbaizar Gil, catedrático de Filosofía na Ensinanza Secundaria, profesor tutor durante 18 anos na UNED e actualmente vencellado ao departamento de Filosofía e Antropoloxía de la USC como Profesor Asociado, en donde imparte docencia tanto no Grao como no Máster. Aparte de multitude de artigos en revistas divulgativas especializadas, publicou unha monografía sobre Copérnico, un libro de texto titulado 'Cultura relixiosa' e dous libros de texto sobre a asignatura de Historia da Filosofía.

Queres saber ...

  • Charlas, conferencias e debates

    En que consisten as charlas?

    Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.

    Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.

    Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.

    Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.

    Máis información

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión