Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Curso de iniciación á informática, internet e correo electrónico 05/20

Por tipo de actividade:

Cursos e formación

Por tipo de público:

Persoas adultas

A quen vai dirixido?:

+14 anos

Cando:

Dende o 10/02/2020 ata o 21/02/2020

Finaliza o 21 de febreiro

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 03/02/2020 ata o 08/02/2020

Inscrición presencial na biblioteca

Horario:

De 09:00 a 12:00 horas

Duración:

30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Contacto:

Asústante os ordenadores? Pensas que es demasiado maior para empezar a empregalos ou xa te iniciaches e gustaríache saber un pouco máis?

Neste curso adquirirás as habilidades básicas para o manexo do teclado e do rato, para a administración e uso de arquivos e cartafois, para a procura de información na internet, o acceso a servizos e trámites en liña e a creación e xestión dunha conta de correo electrónico.

Programa do curso

  • Presentación de alumnos e alumnas.
  • Breve historia de Internet e conceptos básicos.
    • Teclado e rato
    • Explicación e prácticas de manexo de teclado e rato.
  • Arquivos e cartafoles
    • Creación, denominación e ubicación de carpetas.
  • Formatos de arquivos.
    • Tratamento
  • Prácticas en buscador.
    • Descarga de ficheiros.
    • Visitas a web de interese: sanidade pública, viaxes, etc.
  • Correo electrónico       
    • Concepto e funcionalidades.
    • Creación de conta de correo electrónico.       
    • Envío e recepción de correos.
    • Envíos múltiples e respostas.
    • Formato.
    • Spam.
    • Temas.
    • Firma.
    • Arquivos adxuntos       
    • Xestión de contactos.     
    • Envío de arquivos adxuntos e de enlaces.
    • Creación de pestanas e etiquetas.
    • Dispositivo móbil       
      • Aplicación de correo electrónico en teléfono móbil.

Queres saber ...

  • Formación en competencias dixitais

    Programa de formación en competencias dixitais para un uso creativo, crítico e seguro das tecnoloxías dixitais que permita alcanzar obxectivos relacionados co traballo, a empregabilidade, a aprendizaxe, o uso do tempo libre, a inclusión e participación na sociedade.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión