Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Curso intermedio de informática, internet e correo electrónico 43/19

Tipo de actividade:

Cursos e formación

Tipo de público:

Persoas adultas

A quen vai dirixido?:

+14 anos

Cando:

Dende o 11/11/2019 ata o 22/11/2019

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 04/11/2019 ata o 11/11/2019

Horario:

De 16:00 a 19:00 horas

Duración:

30 horas

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

Aprende a facer buscas complexas e organizar a información no ordenador, sincronizar as túas contas e contactos e almacenar os datos na «nube». Aproveita e optimiza as aplicacións do correo, calendario ou mapas e xestiona todo ademais desde o teléfono móbil.

Neste curso adquirirás as habilidades avanzadas para realizar buscas complexas e organizar a información no ordenador e na «nube». Coñecerás as posibilidades das aplicacións mais útiles: calendario, contactos e o seu traslado aos dispositivos móbiles.

Queres saber ...

  • Formación en informática e tecnoloxía

    En que consiste a formación en informática e tecnoloxía?

    O Programa de inclusión e desenvolvemento dixital das Bibliotecas Municipais da Coruña é un programa de formación que busca a democratización do acceso á información ata acadar unha cidadanía dixital. O seu obxectivo é dotar de competencias dixitais as persoas suxeitas á nosa acción que lles permitan:

    • Utilizar as distintas tecnoloxías dixitais de forma proveitosa, correcta, autónoma e habitual.
    • Ter os coñecementos, destrezas e actitudes para un uso creativo, crítico e seguro da tecnoloxía.
    • Participar (colaborar, cooperar, opinar, decidir, responsabilizarse...) activamente na sociedade en xeral e na súa comunidade en particular.

    Para todo iso, dispoñemos de dous modelos de formación:

    • Cursos: accións educativas de duración determinada acorde coa complexidade da materia e as previsións sobre público obxectivo. Repítense en múltiples sesións no mesmo ou diverso centro bibliotecario. Ofrecen prazas limitadas que requiren dunha inscrición previa e, nalgúns casos, o alumnado debe cumprir algúns requisitos previos. Quero ver o calendario anual de sesións deste e doutros cursos
    • Atención tecnolóxica personalizada: unha persoa experta atenderá individualmente na biblioteca as túas dúbidas e problemas no ámbito dixital tanto dos dispositivos electrónicos (móbiles, portátiles, tabletas...) como os referidos ás ferramentas, páxinas ou redes sociais en internet (navegación, inscrición, intimidade, configuración...). Se necesitas axuda, podes acudir directamente nos días e horas sinalados. Servizo de atención tecnolóxica personalizada.
    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión