Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Grupo virtual do Pensatorio - Café filosófico

Por tipo de actividade:

Clubs

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

Dende o 06/11/2020 ata o 21/05/2021

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 05/11/2020 ata o 21/05/2021

Require inscrición

Horario:

De 11.00 a 12.30 horas

Quincenal

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Contacto:

Bruno Mayorga

b.mayorga@coruna.es

981184389

Se che gusta dialogar e debater ideas sobre o mundo que nos rodea, este é o teu club.

O Pensatorio amplia a súa oferta coa creación dun novo grupo en línea, con sesións a través da plataforma Zoom. No noso café filosófico, e agora en formato virtual, en vez de 'running', facemos 'thinking': tratamos de poñer en forma o noso intelecto cuestionando as nosas ideas e opinións sobre a realidade mediante o dialogo e o debate en grupo, sempre dende unha perspectiva filosófica aberta, aprendendo de nós mesmos e dos demáis.

Queres saber ...

  • O Pensadoiro - Café filosófico

    En que consiste O Pensadoiro - Café filosófico?

    O Pensadoiro pretende ser un espazo de encontro para persoas ás que lles gusta dialogar e debater ideas do mundo que nos arrodea. Nel propoñémonos retomar a vertente práctica e comunitaria da filosofía, baseada no exercicio activo e en común da capacidade racional que todos temos.

    A partir de distintos materiais (textos filosóficos, literarios etc), que nos servirán de eixe temático, e ao longo dunha serie de sesións, iniciaremos un diálogo aberto que non necesariamente ten que conducirnos a respostas concluíntes e definitivas senón, máis ben, como corresponde á verdadeira actitude filosófica, a abrir novos interrogantes e descubrir puntos de vista alternativos aos nosos.

    Para participar non é necesario ter coñecementos previos de filosofía, tan só espírito crítico e ganas de cuestionarse as cousas.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión