Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

International Games Week: ven xogar á biblioteca

Por tipo de actividade:

Talleres

Por tipo de público:

Infantil, Xuvenil

A quen vai dirixido?:

Todos os públicos

Cando:

Dende o 08/11/2019 ata o 09/11/2019

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

Celebramos a International Games Week @your library e unímonos a esta inicativa da American Library Association

Xogos de mesa e de ordenador. Solitarios e xogos en grupo, en familia... Contaremos coa colaboración de Asociación Draco, KTS Studio e de OZOCOGZ, que nos presentará o seu xogo educativo e cultural Ti (non) es de aquí?

  • Venres 8, de 16 a 21h:

- Xogos na biblioteca, de mesa e dixitais, xogo libre e en familia (Uno, parchís, damas chinas, pescapeixes, ikonikus, etc...).

- Presentación e demo de Sea Bubble, 19h., 

  • Sábado 9, de 10:30 a 14h:

- Taller de creación de videoxogos, de 11.30 a 13:30h (require inscrición, que se habilita desde o día 2 de novembro)

 - Xogos na biblioteca, de mesa e dixitais, xogo libre e en familia (Uno, parchís, damas chinas, pescapeixes, ikonikus, etc...).

- Xogo Sea Bubble en pantalla dixital.

  • Sábado 9, de 16 a 20h:

- Xogo Ti (non) es de aquí?, un xogo de mesa cultural e educativo de OZOCOGZ

- Xogos en familia na biblioteca coa Asociación Drako

- Xogo Sea Bubble en pantalla dixital.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión