Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

"La belle et la bête" de Jean Cocteau - LOCALIDADES ESGOTADAS

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

15/07/2020

Xa rematou

Horario:

22.30 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 € (carné xove, + 65 anos e persoas desempregadas: 2,00 €)

Para acceder aos descontos é obrigatorio presentar o documento que o acredite no momento de adquirir a entrada no despacho de billetes ou no acceso ao recinto se a comprou en liña.

A bela e a besta

"Bela, a menor de tres irmás, vive unha vida infeliz ata que un día o seu pai se perde no bosque e colle unha rosa que crece xunto a un castelo: por mor dese acto, un terrible castigo cae sobre el e a súa familia". Adaptación do conto clásico que o escritor, pintor e cineasta Jean Cocteau converte nunha obra mestra poética e surrealista cuxas imaxes forman xa parte da historia do cinema.

  • Título orixinal: "La belle et la bête"
  • Ano: 1946
  • Duración: 90 min.
  • País: Francia
  • Director: Jean Cocteau
  • Guión: Jean Cocteau
  • Música: Georges Auric
  • Fotografía: Henri Alekan
  • Repartición: Jean Marais, Josette Day, Marcel André e Mila Parèly

Convidado: ALBERTO VÁZQUEZ (director de animación e ilustrador)

Perfil biográfico: Alberto Vázquez. Director de animación, Ilustrador e debuxante de cómics. Os seus libros e ilustracións foron publicados en todo o mundo e as súas películas de animación gañaron 3 Goya e máis de 100 premios internacionais nos festivais máis prestixiosos.

VENDA DE ENTRADAS

Venda anticipada: desde as 9.00 h do luns da mesma semana da proxección, en http://www.evenbrite.com.

Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: aberto só se quedan localidades dispoñibles, desde media hora antes da proxección.

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión