Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

#LunsDeEncontros: "Los nombres de los peces", de Pedro del Pozo Toscano

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

30/09/2024

Xa rematou

Inscricións:

Acceso libre ata completar a capacidade

Horario:

Das 19.00 ás 20.00 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de lle ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

O luns 30 de setembro ás 19.00 h na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano teremos a presentación do libro "Los nombres de los peces", de Pedro del Pozo Toscano, publicado pola editorial Loto Azul.

SINOPSE:

Los nombres de los peces é unha vibrante sucesión de plans, mapas, erros e tempos. Tempos sempre amablemente acompañados palabras vitoriosas, palabras derrotadas, peixes, rochas e zonas abisais. Non é un libro de vivencias, nin un libro de viaxes nin un libro de reflexións. É un libro de poemas que aspiran a ser habitacións da casa común onde podemos refuxiarnos do desánimo e o pesimismo.

BREVE BIOGRAFÍA:

Pedro del Pozo Toscano naceu na cidade de Sevilla, 1971. Vive na vila de Betanzos, A Coruña. É profesor no IES A Sardiñeira, químico, investigador no ámbito da inclusión educativa e poeta. Antes traballou en cafeterías, xardíns, laboratorios e bibliotecas. Integrante da Palabra Itinerante, colectivo cultural de longa traxectoria comprometido coa función social da literatura e coa súa difusión a través de lecturas, recitais musicados, encontros, festivais, talleres de creación, clubs e todo tipo de actividades que busquen compartir e gozar o compartido.

OBRA PUBLICADA:

Libros de poesía:

  • Todas las puertas abiertas (Libros de la Herida, Sevilla, 2005)

  • Distancias: poemas de los océanos zigzagueantes (Baile del Sol, Tenerife, 2010)

  • De cómo sangra el lobo (Maclein y Parker, Sevilla, 2018)

  • Los nombres de los peces (Loto Azul, Valencia, 2024)

Antoloxías e obras colectivas:

  • Poesía viva de Andalucía (Universidade de Guadalajara, México, 2006)

  • El árbol tallado que retoña (Deputación provincial, Málaga, 2009)

  • Lo que ha quedado del naranjo (El Páramo, Córdoba, 2009)

  • Calendario de la poesía en español (Alhambra Publishing, Bruxelas, 2010).

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión