Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Visita o álbum de fotos desta actividade
Contacontos
Infantil, Familias
De 3 a 7 anos
27/02/2021
Este evento xa rematou
De 12 a 13 horas
Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
981184384
Goza cos teus fillos/as dos contos e das historias que os Ratos de Lonxedetodo, uns simpáticos ratiños e ratiñas, traen ás nosas bibliotecas e que retransmitimos en streaming
A actividade corre a cargo da compañía Trinke Trinke Teatro e desenvolverase a porta pechada nas bibliotecas por mor das esixencias sanitarias, pero nós podemos desfrutar estas sesións cheas de contos e melodías a través do "streaming".
As sesións serán emitidas en directo na web e tamén na canle de youtube das bibliotecas e nelas haberá pistas para que consigas o carné de Rato de Lonxedetodo. Le máis abaixo!
Se queres que os ratiños e as ratiñas te chamen por teléfono en directo, deixa o teu teléfono e nome na túa biblioteca!
Achégate aos libros e á música dunha maneira atractiva e lúdica e déixate contaxiar dos mellores costumes: a lectura en familia!
Queres saber ...
En que consiste Merendas con contos...?
É un programa de animación á lectura dirixido a familias con nenas e nenos de 3 a 7 anos no que os Ratos de Lonxedetodo, uns simpáticos ratiños e ratiñas que visitarán a biblioteca, nos achegarán aos libros e á música dunha forma atractiva e lúdica.
A actividade, que executa a compañía Trinke Trinke Teatro, desenvolverase a porta pechada (sen publico presencial) nas salas infantís das distintas bibliotecas para emitirse en streaming na páxina web e canle de Youtube.
Durante a emisión en directo, os ratos explicaranche que formas pensamos para que participes en directo.
Máis informaciónActividades relacionadas
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible