Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Merendas con contos en streaming

Tipo de actividade:

Contacontos

Tipo de público:

Infantil, Familias

A quen vai dirixido?:

De 3 a 7 anos

Cando:

27/02/2021

Este evento xa rematou

Horario:

De 18 a 19 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

Goza cos teus fillos/as dos contos e das historias que os Ratos de Lonxedetodo, uns simpáticos ratiños e ratiñas, traen ás nosas bibliotecas e que retransmitimos en streaming

A actividade corre a cargo da compañía Trinke Trinke Teatro e desenvolverase a porta pechada nas bibliotecas por mor das esixencias sanitarias, pero nós podemos desfrutar estas sesións cheas de contos e melodías a través do "streaming".

As sesións serán emitidas en directo na web e tamén na canle de youtube das bibliotecas e nelas haberá pistas para que consigas o carné de Rato de Lonxedetodo. Le máis abaixo!

Se queres que os ratiños e as ratiñas te chamen por teléfono en directo, deixa o teu teléfono e nome na túa biblioteca!

Achégate aos libros e á música dunha maneira atractiva e lúdica e déixate contaxiar dos mellores costumes: a lectura en familia! 

Queres saber ...

  • Merendas con contos en streaming

    En que consiste Merendas con contos...?

    É un programa de animación á lectura dirixido a familias con nenas e nenos de 3 a 7 anos no que os Ratos de Lonxedetodo, uns simpáticos ratiños e ratiñas que visitarán a biblioteca, nos achegarán aos libros e á música dunha forma atractiva e lúdica.

    A actividade, que executa a compañía Trinke Trinke Teatro, desenvolverase a porta pechada (sen publico presencial) nas salas infantís das distintas bibliotecas para emitirse en streaming na páxina web e canle de Youtube.

    Durante a emisión en directo, os ratos explicaranche que formas pensamos para que participes en directo.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión