Encontros e presentacións
Infantil, Familias
De 8 a 12 anos
Familias
26/10/2020
Xa rematou
Dende o 19/10/2020 ata o 26/10/2020
de 18.30 a 19.30 horas
Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña
Tel.: 981 184 389
Un encontro máis para pais, nais, fillas e fillos, onde intentamos achegarvos varias temáticas baixo unha visión sinxela, amena, con humor e empregando os recursos dos que dispón a biblioteca xunto á colaboración de diferentes profesionais.
Mindfulness en familia: un proceso en familia para adestrar a atención e a conciencia desde pequenos.
Aprenderemos a soltar a tensión diaria, a conectar máis entre nós, a tomar mellores decisións e a sentir como a respiración nos conecta coa vida, mediante técnicas curtas e conceptualmente simples, expostas nunha linguaxe que as nenas e nenos poden entender e que unha vez interiorizadas, repetirán en momentos durante o día, de maneira que se volvan continuas e automáticas.
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. Só os nenos e as nenas necesitan inscrición. É imprescindible a asistencia cunha persoa adulta.
Agardámosvos!
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible