Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Obradoiro: adaptación de textos literarios ao cine e ao teatro

Por tipo de actividade:

Outras actividades, Talleres

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

Cando:

29/06/2022

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

19 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Contacto:

Como se adapta o "lugar" dun texto literario a un guión cinematográfico ou a unha dramaturxia de escena?

Froito da lectura grupal no Club de lectura QUEERuña de "Para acabar con Eddy Bellegueule" e da adaptación teatral en "Para acabar con Eddy" que se representou na cidade no pasado mes de maio no marco do Corufest, organizamos este obradoiro de adaptación de textos literarios ao cine e ao teatro.

Gustavo del Río e Xosé Leis, directores do festival, falarannos dos procesos de dramaturxia a partir de textos literarios, documentais ou xornalísticos para coñecer os traballos que fan posible unha futura posta en escena; despois darase un repaso por casos prácticos actuais onde o punto de partida non foi un texto teatral (como ocorre no caso de Para acabar con Eddy Bellegueule) e, por último, levaranse a cabo propostas de escritura dramática ou dramaturxia actoral baseada na experiencia dos dous directores e conformando un pequeno texto dramático.

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión