Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Obradoiro BiblioTECH: Booktubers

Por tipo de actividade:

Cursos e formación, Talleres

Por tipo de público:

Xuvenil, Infantil, Familias

Cando:

Dende o 10/09/2022 ata o 24/09/2022

 A realizar os sábados 10, 17 e 24 do mes de setembro.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 03/09/2022 ata o 10/09/2022

Require inscrición.

Horario:

De 11 a 13h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Requisitos:

A partir dos 12 anos.

Hashtag:

#biblioTECH, booktuber, rapazada, adultos, bibliotecaduranloriga

Contacto:

bduranloriga@coruna.gal

Tel.: 981 184 388

Se che gustan os libros e facer vídeos para crear contidos inspiradores, este é o teu taller!

Este mes dámos comezo ao novo curso cos talleres biblioTECH!!! Dentro do Programa BiblioTECH, da Biblioteca Durán Loriga, poderás coñecer o software apropiado e manexar unha completa variedade de dispositivos (cámaras, altofalantes, luces, etc.) para a creación de contidos de calidade e a súa posterior publicación nas redes.

En familia ou de forma individual, animádesvos?

Esperámosvos para sacar toda esa creatividade que levades dentro!

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión