Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

BiblioTECH. Obradoiro de Xeolocalización e mapeo Xeocaching

Por tipo de actividade:

Cursos e formación, Talleres

Por tipo de público:

Infantil, Xuvenil

Cando:

Dende o 01/07/2023 ás 11:30 ata o 12/08/2023 ás 13:30 , os sábados

Realizarase os sábados 1, 8, 15, 22 e 29 de xullo, 5 e 12 de agosto

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 22/06/2023 ata o 01/07/2023

Require inscrición.

Horario:

Das 11.30 ás 13.30 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Requisitos:

A partir dos 12 anos

Hashtag:

#biblioTECH

Contacto:

bduranloriga@coruna.gal

Tel.: 981 184 388

Buscamos tesouros agochados na nosa cidade! Acepta o reto de atopalos usando o "xeocaching"!

Por segundo ano consecutivo, e tras o éxito acadado mesmo fóra das nosas fronteiras, este ano volvemos na procura de tesouros agochados na nosa cidade a través do "xeocaching" e de agochalos tamén para que outras persoas os atopen!

Dentro do Programa BiblioTECH, da Biblioteca Durán Loriga, poderás formarte nesta aplicación tecnolóxica que logo poderás trasladar para crear o teu propio xogo de orientación e descubrimento.

Co geocaching convidámoste a descubrir localizacións das cousas que te propoñas, dentro ou fóra da túa cidade, explorando "xunto" a outras persoas usuarias.

Xógase a nivel internacional, e está englobada dentro do nivel 2 da clasificación de RA (realidade aumentada), como unha forma de realidade virtual sen marcadores, na que se esconden tesouros por todo o mundo e o teu reto é atopalos. Un xogo de pistas e orientación que xa atrae a millóns de persoas! 

O ano pasado agochamos balizas que ata os cruceiristas que arribaron á Coruña atoparon nos seus paseos pola cidade. Queres saber do que somos capaces este ano? Só tes que inscribirte!

Esperámoste!

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión