Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Obradoiro: O barrio e as especies invasoras

Por tipo de actividade:

Talleres

Por tipo de público:

Infantil

A quen vai dirixido?:

Dirixido a nenos e nenas de 8 a 12 anos.

Cando:

02/12/2021

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 25/11/2021 ata o 02/12/2021

Require inscrición

Horario:

Das 18.00 ás 20.00 horas

Duración:

2 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

Actividade organizada pola Asociación de Veciños Oza, A Gaiteira e Os Castros.

O próximo xoves 2 de Decembro ás 18:00 h. temos na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano o obradoiro O barrio e as especies invasoras, impartido por Manu Sánchez e Jose Angel Paz.

Neste obradoiro dirixido a nenos e nenas de 8 a 12 anos, percorreremos a historia da formación do barrio e os seus cambios, atendendo á natureza e ás especies de plantas e bechos que invaden o noso entorno.

Biografías:

  • Manu Sánchez é un profesional do turismo con máis de 10 anos de experiencia no sector e que actualmente traballa coma guía oficial de Galicia. Xunto con Aida Aguiar, é un dos compoñentes de Cascarilleiros, unha iniciativa de turismo sostible e paseos guiados alternativos pola cidade da Coruña.
  • José Ángel Paz é Educador Social e titulado no eido do tempo libre e lecer con máis de 10 anos de experiencia. Nestes anos deseñou diferentes actividades de lecer para todas as idades, incluíndo a interpretación do Patrimonio e dinámicas medioambientais. 

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión