Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Obxectivo Bibliotk: primeiro bloque

Por tipo de actividade:

Cursos e formación, Outras actividades

Por tipo de público:

Infantil

A quen vai dirixido?:

De 8 a 12 anos

Cando:

05/10/2022, de 17:00 a 18:30

Actividade quincenal

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 28/09/2022 ata o 05/10/2022

Require inscrición, renovable por trimestres

Horario:

De 17:00 a 18:30 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Castrillón. Praza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña

Contacto:

Queres ser o/a protagonista da biblioteca?

Ven descubrir todos os servizos e funcionamento da túa biblioteca. Aprenderás a desenvolverte de xeito autónomo.

As novas tecnoloxías terán un papel importante, e traballaremos con fotografías, vídeo, redes sociais e literatura.

Con Obxectivo Bibliotk coñecerás todos os segredos da biblioteca e poderás compartir lecturas cos mozos e mozas do barrio!

As sesións serán en mércores alternos. A inscrición é válida para o primeiro trimestre.

Queres saber ...

  • Obxectivo Bibliotk

    En que consiste Obxectivo Bibliotk?

    Este programa persegue dar a coñecer todos os segredos da biblioteca e compartir lecturas cos mozos e mozas do barrio.

    As sesións están expostas cun enfoque lúdico e pretenden vincular as bibliotecas tamén coa procura de información e o tempo de lecer.

    Utilizaremos recursos web, a fotografía, vídeos... e tamén as redes sociais. Dá un paseo polo pinterest desta actividade para ver que facemos e decidirte a vir connosco.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión