Familias
13/12/2021
Xa rematou
Dende o 10/12/2021 ata o 13/12/2021
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas entre 5 e 6 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Dous pases: 17.00 e 18.30 horas
50 min aprox.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
De balde e con inscrición previa
Debuxo e música tradicional en directo
Co debuxo de Laura Romero e a música tradicional en directo de Juan Álvarez, coñeceremos algúns instrumentos tradicionais, a súa historia, os materiais, os sons... sobre todo dos máis descoñecidos: pínfano, requinta, charrasco, zanfona etc.
A actividade desenvolverase na aula 8 do Centro Ágora e haberá dúas sesións:
Os nosos ilustres instrumentos, de Laura Romero e Juan Álvarez. Pase das 17.00 h
Os nosos ilustres instrumentos, de Laura Romero e Juan Álvarez. Pase das 18.30 h
Por mor das restricións pola situación sanitaria a cada pase só poderán asistir 15 familias (crianza + persoa adulta).
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
REQUISITOS POLA SITUACIÓN SANITARIA:
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible