Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Poetas dinversos: Abdul Hadi Sadoun e Vítor Vaqueiro

Por tipo de actividade:

Concertos e recitais

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

10/05/2021

Xa rematou

Horario:

20.00 horas

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Hashtag:

#Poetasdinversos

Contacto:

Documentos:

Poetasdinversos_Primavera_2021.pdf (4 MB)

Este evento forma parte do ciclo "Poetas di(n)versos", citas mensuais co mellor da poesía de Galicia e do resto do mundo, que no 2014 recibiu o Premio da Crítica Galicia á Mellor Iniciativa Cultural.

Nesta ocasión, Yolanda Castaño reúne ao autor iraquí Abdul Hadi Sadoun e ao escritor vigués Vítor Vaqueiro. Dúas voces poéticas cargadas de contido, conciencia e coñecemento de cadansúa tradición literaria.

Por mor das restricións Covid-19, a capacidade está limitada a 90 persoas. O encontro será retransmitido tamén en streaming e poderá seguirse na canle de Youtube do ciclo.

Coma sempre, unha libraría de proximidade poñerá á venda os títulos das persoas convidadas, quen se ofrecerán a asinar exemplares.

Queres saber ...

  • Poetas di(n)versos

    En que consiste Poetas di(n)versos?

    O ciclo "Poetas di(n)versos" está composto de citas mensuais coa mellor poesía de Galicia e do resto do mundo. Son actos de arredor dunha hora de duración, abertos e totalmente gratuítos, nos que propios e estraños poderán gozar de versos lidos en idioma orixinal e en tradución ao galego, nas voces dos seus autores e autoras, para descubrir a forza e emoción da palabra lírica.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión