Encontros e presentacións
Para público en xeral
14/11/2025
Xa rematou
Entrada libre ata completar aforo
De 19.00 a 20.30 h.
1.5 h
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
Tfno. 981184388
Septima edición do fanzine de Amnistía Internacional adicado ao medio ambiente e os dereitos humanos que conta con colaboradores como Laprislazuli, La chica de la cinta ou Paula Esteban.
Poderosos responsables da toma de decisións, desde xefes e xefas de Estado ata cargos directivos de empresas petroleiras, queren que creamos que o futuro do noso planeta está nas nosas mans. Queren que creamos que, se reciclamos o suficiente ou deixamos de utilizar plástico dun só uso, podemos deter a crise climática e as violacións de dereitos humanos que esta conleva. Queren que creamos que a solución radica na acción individual e non en poñer fin á cobiza empresarial. Iso é sinxelamente falso. A economía de hoxe baseada nos combustibles fósiles impúlsana e financian empresas e autoridades gobernamentais que se benefician do sistema actual. Son quen decide se seguimos extraendo e queimando combustibles fósiles, o que dá lugar a que haxa nenos e nenas que crecen con asma e outras enfermidades respiratorias nas cidades moi contaminadas, ou agricultores que perden os seus medios de vida por mor da seca ou de choivas catastróficas. Pero aínda hai esperanza. Os gobernos están legalmente obrigados a reducir e abandonar gradualmente de forma rápida as emisións de combustibles fósiles; non facelo constitúe unha violación dos nosos dereitos humanos máis fundamentais. Os gobernos dos países que máis contribuíron ao cambio climático deben ser os primeiros en actuar e deben levar a cabo as maiores reducións. Entre os dereitos que se vulneran están o dereito á saúde, á alimentación, á vivenda e mesmo á vida. Se traballamos conxuntamente e xeramos suficiente ruído, podemos crear un camiño viable para o cambio. ogallá non sexa tarde para ralentizar o cambio climático. podemos reducir e cambiar a forma de consumir e producir, esixir medidas políticas sostenibles e respetuosas coa vida e a conservación da natureza
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible