Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Presentación do libro: "Historias para vivir, mi viaje hacia la locura", de Paula C. Frías

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

15/12/2022

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Horario:

De 19.00 a 20.30 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Contacto:

bagora@coruna.gal

981 189 886

Coñece a obra “Historias para vivir” de Paula C. Frías, que na presentación estará acompañada pola psicóloga Carmen Garrido e a psiquiatra Ana García.

Paula C. Frías presenta na Biblioteca Ágora "Historias para vivir: mi viaje hacia la locura", un libro no que narra de forma persoal o camiño da autora a través da depresión, a ansiedade e un trastorno alimenticio.

O prólogo da obra está escrito por Luis Ferrer i Balsebre, psiquiatra do CHUAC e para quen "Historias para vivir" é un documento biográfico qu mostra de maneira sinxela, fresca e sincera, o padecemento de moitos pacientes que teñen que batallar a diario cos síntomas psíquicos e o estigma que estes aínda teñen na sociedade. O encontro preséntase como un diálogo sobre o tema entre especialistas, pacientes, familiares e público en xeral.

Sinopse da obra

Aos doce anos quixen tirarme polo balcón dun piso 17.

A partir de entón, a miña vida cambiou. Paso a paso, sen eu sabelo. Podo que me baixara da varanda, pero hai algo na miña mente que quedou agarrada a ela.

Escribir este libro salvoume a vida.

Fai uns anos, os médicos non deixaban de repetirme "escribe, escribe, escribe", preocupados pola miña saúde mental. A depresión, a ansiedade e un trastorno da conduta alimentaria acompañáronme desde sempre.

O que comezou como un exercicio terapéutico para enfrontarme aos meus tres monstros, converteuse nun texto que quizais reflicte parte do teu traxecto e oriente a quen descoñeza o mapa das enfermidades mentais.

En Historias para vivir narro a miña viaxe cara a loucura, no que, aínda que non o creas, non falta o sentido do humor. Gustaríame que me acompañaras...

Ves?

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión