Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Programa de Lecer do Fórum. Primavera 2022

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 10/01/2022 ata o 21/01/2022

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 10/01/2022 ata o 12/01/2022

Formulario de inscrición

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

COTA DE INSCRICIÓN: 21 € por obradoiro para as persoas maiores de 65 anos, cumpridos antes do inicio dos obradoiros. 30 € por obradoiro para as persoas menores de 65 anos.

A cota non será devolta no caso de suspensión do programa por confinamento por coronavirus, debido a que os obradoiros continuarían desenvolvéndose "en liña".

INICIO E REMATE DOS OBRADOIROS: comezarán a partir do luns 31 de xaneiro e rematarán o sábado 28 de maio, no día e hora que lle corresponda a cada obradoiro.

Os obradoiros só se porán en marcha cun mínimo de 10 participantes.

Documentos:

progrma de lecer primavera 2022. forum (974 KB)

Listaxe de adxudicación de talleres polo sorteo (98 KB)

Programa de actividades socioculturais (teatro, historia, cinema, cociña, literatura, arte...) para gozar do tempo libre para persoas con inquietudes culturais e ganas de compartir o seu tempo libre, participando en actividades que fomenten o desenvolvemento das súas destrezas culturais e artísticas, o coñecemento da historia, a arte, a cultura e a cidade. N.º DO SORTEO: 302

MEDIDAS HIXIÉNICO-SANITARIAS CONTRA A COVID-19

Para evitar o contaxio por coronavirus a organización tomará todas as medidas necesarias contidas no Protocolo específico, que recomendamos que lea atentamente, publicado na web www.coruna.gal/cultura. Ademais tomáronse as seguintes medidas no deseño do Programa de Lecer:

- O número de persoas participantes en cada obradoiro reduciuse con respecto ás convocatorias anteriores, de acordo coa lexislación hixiénico-sanitaria vixente.

- Os obradoiros que se realicen no mesmo espazo comezarán media hora despois de rematar o anterior (excepto nas actividades de memoria que será dun cuarto de hora), co obxecto de realizar a desinfección e ventilación dos ditos espazos.

- Os obradoiros serán presenciais. Non obstante, no caso de que haxa un novo confinamento continuarán desenvolvéndose "en liña".

CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR NOS OBRADOIROS DO PROGRAMA DE LECER. CALENDARIO DE INSCRICIÓN E PAGAMENTO

  • Pagamento dos obradoiros de continuidade (marcados como tales): 10, 11 e 12 de xaneiro
  • Preinscrición nos novos obradoiros e de novas persoas: 10, 11 e 12 de xaneiro
  • Publicación das listaxes de preinscrición: o 13 de xaneiro, ás 9.00 h, na páxina web municipal (/www.coruna.gal), na de Cultura (www.coruna.gal/cultura) e no servizo telefónico 010.
  • Prazo de reclamacións sobre as listaxes de preinscrición: 13 e 14 de xaneiro, a través do correo electrónico a forumagora@serviplus.org ou no telefóno 642 290 457.
  • Sorteo público: o luns 17 de xaneiro, ás 10.00 h, na conserxería do Fórum. - NÚMERO DO SORTEO EN FÓRUM: 302
  • Publicación das listaxes de prazas adxudicadas e das listaxes de agarda: o martes 18 de xaneiro ás 9.00 h, na páxina web municipal e na de Cultura e no servizo telefónico 010.
  • Pagamento da cota: os días 19, 20 e 21 de xaneiro.
  • Adxudicación de prazas ás listaxes de agarda: contactaremos telefonicamente coas persoas das listaxes de agarda para confirmar que continúan interesadas en inscribirse nos obradoiros que solicitaran.

Nunha primeira volta: o día 24 de xaneiro; e a segunda volta: o día 26 de xaneiro. Realizaranse tres intentos de contacto telefónico a diferentes horas do mesmo día. De non se conseguir a comunicación, pasarase á seguinte persoa da listaxe de agarda.

  • Pagamento das prazas adxudicadas das listaxes de agrada: as da 1.ª volta, do 24 ao 25 de xaneiro; e as da 2.ª volta, do 26 ao 27 de xaneiro.
  • Adxudicación das prazas vacantes: a partir do venres 28 de xaneiro volverá a abrirse o formulario de inscrición na web para o público en xeral, e farase o aboamento do mesmo xeito que o resto, ata o 1 de febreiro.

MODO DE PREINSCRICIÓN: farase de forma telemática, a través da páxina web www.coruna.gal/cultura. Facilitarase axuda telefónica a través do teléfono 642 290 457 (de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h), para aquelas persoas que non teñan correo electrónico ou dificultades de acceso a Internet.

  • Iniciarase o día 10 de xaneiro a partir das 9.00 h e rematará o día 12 de xaneiro ás 20.00 h. 2 Todas as inscricións que teñan data de envío anterior ou posterior aos días e horas indicados non serán tramitadas.
  • Poderá inscribirse nun máximo de dous obradoiros. Tendo en conta que na adxudicación se respectará a orde de preferencia fixada pola persoa solicitante, e esta non poderá ser modificada unha vez que se realice o sorteo.
  • Unha vez que se realice a inscrición recibirá no seu correo electrónico a resposta con todos os datos que apuntou. Comprobe que son correctos e garde a copia como xustificante.
  • No caso de non dispoñer de correo electrónico, poderá consultar os seus datos nas listaxes de preinscrición (que se publicarán o 17 de xaneiro).

Nestas mesmas listaxes poderá coñecer o número asinado para o sorteo público.

NÚMERO DO SORTEO EN FÓRUM: 302

ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS: unha vez realizado o sorteo público, as listaxes das persoas admitidas e as listaxes de agarda publicaranse o martes 18 de xaneiro ás 9.00 h, na páxina web municipal, na de Cultura e no servizo telefónico 010. Nelas figurarán o número de inscrición, o num. do DNI/NIE da persoa solicitante así como o/os obradoiro/s adxudicado/s.

As prazas de cada obradoiro adxudicaranse a partir do número de inscrición que saia agraciado no sorteo público. Adxudicaranse un máximo de dous obradoiros por persoa. En todo caso, tratarase de concederlles a todas as persoas solicitantes cando menos un obradoiro, antes de conceder un segundo obradoiro.

Para adxudicar as prazas vacantes e as non aboadas, terán preferencia as persoas das listaxes de agarda que non obtivesen ningunha praza, sempre respectando a orde de numeración do sorteo.

PAGAMENTO DA COTA: do 19 ao 21 de xaneiro (os tres días incluídos). A cota correspondente aboarase mediante transferencia á conta núm. ES81 2080 0380 6230 4000 5657. Enviarán o seu comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org, xunto co núm. do DNI/NIE, o nome da persoa participante, centro (Fórum ou Ágora) e o/os obradoiro/s aboado/s.

As persoas que teñan dificultades en realizar a transferencia "en liña" o non dispoñan de correo electrónico, poderán realizar o pagamento da cota mediante tarxeta de crédito ou efectivo, no Fórum en horario de 16.00 a 20.00 h, ou depositar nas conserxerías unha copia da transferencia bancaria en papel xunto co núm. do DNI/NIE, o nome da persoa participante, e o/os obradoiro/s aboado/s.

No caso de non se realizar o pagamento nos ditos prazos a praza quedará vacante, e serán chamadas as persoas solicitantes da listaxe de agarda para cubrila. Se unha vez aboada a cota non fose posible realizar o obradoiro, só se devolverá o seu importe se se cobre a praza con outra persoa solicitante, coa data limite do venres 11 de febreiro.

INICIO E REMATE DOS OBRADOIROS: comezarán a partir do luns 31 de xaneiro e rematarán o sábado 28 de maio, no día e hora que lle corresponda a cada obradoiro. Os obradoiros só se porán en marcha cun mínimo de 10 participantes.

NORMAS DE PREVENCIÓN DO CORONAVIRUS COVID -19 (ver Protocolo)

- As persoas participantes deberán aceptar e asinar unha declaración responsable, na que se comprometen a garantir que durante os 14 días previos ao comezo dos obradoiros non sufriron nin tose, nin febre, nin cansazo ou falta de aire. Ademais de non ter estado en contacto con algunha persoa coa dita sintomatoloxía.

- Non asistir aos obradoiros con febre (> 37º) ou con síntomas propios do coronavirus.

- No caso de declararse un caso de contaxio, avisar urxentemente ás persoas responsables do programa.

- Manter 1,5 metros de distancia de seguridade con outras persoas tanto nos accesos como no interior do edificio.

- É obrigatorio utilizar axeitadamente a máscara (excepto no supostos contemplados na normativa vixente) para acceder e desprazarse polo edificio e durante toda a actividade. A máscara debe traela cada participante.

- Lavar as mans con xel hidroalcohólico antes de entrar e de saír das aulas e os aseos.

- Non está permitido compartir o material de uso individual.

- Limitar o uso dos aseos o máximo posible.

- Seguir as instrucións do persoal do edificio en todo momento e actuar con responsabilidade.

Documentos relacionados

  • Adxudicacións de números sorteo Programa de Lecer Forum Primavera 2022 (113 KB)

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión