Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Semana Europea da Mobilidade 2022 na cidade

Por tipo de actividade:

Outras actividades

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/09/2022 ata o 23/09/2022

Do venres 16 ao xoves 22 de setembro

Xa rematou

Hashtag:

#Biblioteca Verde, Semana Europea da Mobilidade

Documentos:

Programa-de-actividades-SEM2022.jpg (997 KB)

Desde as bibliotecas temos un compromiso coa mobilidade sostible, saudable e conectada, como queda reflectido no desenvolvemento do noso programa Biblioteca Verde. Por iso é que vos animamos a informarvos e participar na celebración da Semana Europea da Mobilidade, á que se suma, como en anos anteriores, o Concello da Coruña, e que ten lugar entre os días 16 e 22 de setembro coa posta en marcha de actividades variadas en materia de mobilidade.

Durante todos estes días instalaranse na zona do Obelisco diversas carpas coas últimas innovacións en materia de xestión automatizada da mobilidade e no control da calidade medioambiental.

Tamén haberá marchas ciclistas e a pé con escolares, organizadas pola Policía Local e por Stop Accidentes, ao longo da semana.

VENRES 16

Este venres, as persoas que se acheguen á zona da Mariña poderán desfrutar dun paseo nun prototipo de coche autónomo, que estará funcionando ata as 19 horas.

Algo máis tarde, ás 21:30 horas, terá lugar a tradicional Friday Mobility Night, cun recorrido pola cidade, que poderá realizarse en bicicleta, patinete ou VMP. Os detalles desta iniciativa poden consultarse picando na ligazón.

SÁBADO 17

O sábado 17 é a quenda das bicicletas antigas, que terán ocasión de saír á rúa da man de Mobi-liza.

DOMINGO 18

A celebración do Día da Bicicleta resérvase para o domingo 18, onde todas aquelas persoas que se queiran inscribir poderán participar nun percorrido que partirá da praza de María Pita, ás 10:00 horas. A información sobre esta última actividade pode consultarse neste enderezo.

MARTES 20

O III Foro da Mesa da Mobilidade levarase a cabo o martes 20 de setembro na Domus, baixo o lema "Os protagonistas da mobilidade coruñesa". Quen desexa anotarse pode facelo mediante o envío dunha mensaxe ao enderezo electrónico comisionadomobilidade@coruna.gal.

XOVES 22

O xoves 22 pola tarde, como todos os anos, celebrarase o Día sen coches, para o cal se pechará ao tráfico a rúa San Andrés, na que o espazo ocupado habitualmente polos automóbiles pasará a estar dedicado a actividades deportivas, culturais e festivas.

GUÍA DE LECTURA

Consulta a nosa guía de recursos sobre mobilidade urbana sostible!

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión