Talleres
Infantil
Para nenos e nenas de 9 a 14 anos
19/11/2025
Xa rematou
Dende o 12/11/2025 ata o 19/11/2025
Require inscrición
Das 18.30 ás 20.00 h
1,5 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
Obradoiro para achegar a ciencia á rapazada dentro do centro de interese CienciaPro.
O mércores 19 de novembro ás 18.30 h na Biblioteca Fórum Metropolitano temos a Charla-Obradoiro "Como ter un cerebro en forma?" impartido por Manuel Vicente García, para nenos e nenas de 9 a 14 anos.
Como ter un cerebro en forma? é unha charla-obradoiro na que se explicará como funciona o encéfalo e cales son os bos hábitos que axudan a coidalo (actividade, descanso, exercicio físico, relacións sociais,...). Realizaranse xogos sobre percepción e ilusións visuais. Tamén se explicarán os efectos perniciosos das drogas sobre o cerebro.
Agardámosvos na Biblioteca Fórum para unha nova aventura de SomosPro!
Actividade con inscrición previa.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible