Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Taller de ilustración con Irene Sanjuán

Tipo de actividade:

Obradoiros

Tipo de público:

Infantil

A quen vai dirixido?:

De 8 a 12 anos

Cando:

01/04/2017

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 25/03/2017 ata o 01/04/2017

Require inscrición

Horario:

de 12 a 13.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

binfantil@coruna.es

Tel.: 981 184 388

Taller de ilustración para aprender, de forma práctica, as peculiaridades dos artistas rusos, a súa cultura e as súas influencias na literatura infantil.

Con motivo do Día Internacional do Libro Infantil, no que se conmemora o nacemento de Hans Christian Andersen, realizamos un taller de ilustración da man de Irene Sanjuán, ilustradora e deseñadora gráfica coruñesa, dirixido a un público de entre 8 e 12 anos.

Desde o IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil), este ano escolleuse a sección rusa, representada polo poeta Sergey Makhotin e o ilustrador Mikhail Fedorov, autores do texto e cartel respectivamente do Día Internacional do Libro Infantil. Por isto mesmo, o taller de ilustración partirá do conto "Matrioska", de Dimiter Inkiow, para dar renda solta ás famosas bonecas rusas, que montarán un auténtico photocoll e algunha sorpresa máis!!!

Lecturas e ilustración sempre unidas para promover a lectura e coñecer un pouco máis sobre os contos de tradición oral rusa, a súa ilustración e os costumes da vida cotiá.

Acompañará a esta celebración unha selección de contos de Andersen, e de autores e ilustradores rusos, que poderedes levar para a casa para gozalos como se merecen, coa calor das nosas casas.

Queres saber ...

  • Obradoiros

    En que consisten os obradoiros?

    Actividades participativas onde pequenos/as e persoas adultas coñecerán e descubrirán algo novo.

    Con periodicidade variable organizamos obradoiros coa finalidade de fomentar a creación artística ou dar a coñecer costumes, tradicións ou tendencias a través da participación de nenos/as e persoas adultas.

    Máis información

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión