Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Talleres: creación de apps con AppInventor

Por tipo de actividade:

Cursos e formación, Talleres

Por tipo de público:

Infantil, Xuvenil

A quen vai dirixido?:

De 10 a 15 anos

Cando:

Dende o 01/09/2018 ata o 29/09/2018

Taller desenvolvido os sábados de setembro, de 11:30 a 13:30 h

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 25/08/2018 ata o 01/09/2018

Require unha única inscrición para todos os días

Horario:

De 11.30 a 13.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

binfantil@coruna.es

Tel.: 981 184 388

Aprende a deseñar e programar apps para os teus dispositivos!

Neste taller poderemos responder aos novos desafíos tecnolóxicos como verdadeiros makers, inventar e adquirir os coñecementos necesarios para empezar a traballar coa tecnoloxía de código aberto (open source), o software libre e comprender a importancia da internet das cousas (Internet of Things) e os seus diferentes usos na vida diaria.

Con AppInventor desenvolveremos as nosas propias aplicacións!

Non é necesario traer móbil nin tableta, o material poñémolo nós. Ti só ven con ideas e gana de crear!

Queres saber ...

  • Obradoiros

    En que consisten os obradoiros?

    Actividades participativas onde pequenos/as e persoas adultas coñecerán e descubrirán algo novo.

    Con periodicidade variable organizamos obradoiros coa finalidade de fomentar a creación artística ou dar a coñecer costumes, tradicións ou tendencias a través da participación de nenos/as e persoas adultas.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión