Familias, Infancia
Dirixida a público familiar a partir de 4 anos
13/05/2023
Xa rematou
18:00 h
* Pídese puntualidade, unha vez comenzado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala.
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
ENTRADA: 6,00 €;
ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €
MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €
Cousas que debes saber antes de virnos ver:
- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.
- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Forum deben facelo con entrada.
- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (exceptuando auga).
- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
- Polas súas especiais características, algún dos espectáculos poden ter capacidade reducida.
E DESPOIS DO ESPECTÁCULO
Se che gustou, compárteo nas redes sociais ou deixándonos un comentario no noso correo forum@coruna.es
forum@coruna.gal
IMCE
Igor e Monstry chegan ao castelo da familia Frankenstein despois dunha longa viaxe en busca dunha fórmula que devolva a Doutora ao seu estado natural, e é que, realmente, a Doutora sufriu unha rechamante transformación.
Para iso deberán poñer en marcha unha máquina da que non está demostrado que funcione correctamente, mais... igualmente haberá que probala. Cal será o resultado?
Un espectáculo sobre a diversidade e a aceptación do outro, as capacidades diferentes, as etiquetas, os diferentes ritmos de aprendizaxe e o respecto e a convivencia coas persoas distintas a nós.
FICHA ARTÍSTICA
Intérpretes: Anacelia Álvarez e Roca Suárez
Autoría: Pep Vila, Anacelia Alvarez e Roca Suárez
Dirección: Pep Vila
Escenografía: Josune Cañas, Light Expo Servicios Culturales
Música: Melanie Moërs
Iluminación: Alberto Ortiz
Vestiario: Azucena Rico
Duración: 50-55 minutos
Idioma: en castelán
VENDA DE BILLETES
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible