Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Todo Público 2023: LA NIÑA DE LAS TRENZAS AL REVÉS de El Callejón del Gato

Por tipo de público:

Familias, Infancia

A quen vai dirixido?:

Dirixida a público familiar a partir de 3 anos

Cando:

25/03/2023

Xa rematou

Horario:

18:00 h 

* Pídese puntualidade, unha vez comenzado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala.

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

ENTRADA: 6,00 €;

ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €

MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €

Requisitos:

Cousas que debes saber antes de virnos ver:

- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.

- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Forum deben facelo con entrada.

- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (exceptuando auga).

- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.

- Polas súas especiais características, algún dos espectáculos poden ter capacidade reducida.

E DESPOIS DO ESPECTÁCULO

Se che gustou, compárteo nas redes sociais ou deixándonos un comentario no noso correo forum@coruna.es

Contacto:

forum@coruna.gal

Organiza:

IMCE

Un espectáculo sobre a curiosidade e a imaxinación, sobre comunicarse para comprender outras formas de ver a vida; por moi diferentes que nos poidan parecer outros pobos, outras persoas, o que nos achega sempre é máis forte que o que nos afasta; só temos que deixarnos levar pola curiosidade e non polos prexuízos.

Thana e Deva viven lonxe unha da outra: Thana vive en Mali, alén do deserto do Sahara. Deva vive en Asturias, moi preto do mar, mais non son moi diferentes, ata teñen a mesma idade. Unha noite a Lúa, como un espello máxico, permítelles coñecerse e falar...

FICHA ARTÍSTICA

Intérpretes: Ana Eva Guerra e Moisés González

Autoría: Ana Eva Guerra e Moisés González, sobre un conto de Iris Díaz Trancho

Dirección e adaptación: Ana Eva Guerra e Moisés González

Escenografía: Artilugio

Deseño de son e iluminación: El Callejón del Gato

Vestiario: Ana Eva Guerra

Duración: 45 minutos

Idioma: en castelán

PREMIO FETEN 2021 á Mellor adaptación escénica

PREMIO TERRITORIO VIOLETA, artes escénicas e igualdade

VENDA DE BILLETES

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h.
  • Despacho de billetes do Forum: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión