Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Un Samaín moi sustentable: RECICLA

Por tipo de actividade:

Outras actividades

Por tipo de público:

Infantil, Familias

A quen vai dirixido?:

De 8 a 12 anos

Familias

Cando:

Dende o 14/10/2019 ata o 31/10/2019

Xa rematou

Horario:

de 16.30 a 20.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Contacto:

Actividade e mostra bibliográfica enmarcada dentro do Ciclo de Emerxencia Climática da Biblioteca Os Rosales.

Para celebrar o Samaín, todas as tardes na sala infantil, daremos vida a un terrorífico cemiterio. Atoparás todo o material de refugallo necesario para crear tumbas, cadaleitos, etc. e crear un ambiente de medo.

O día 31 nada será o que parece... mortos vivintes, bruxas e trasnos pasearanse pola Biblioteca para disfrutar dunha aterradora tarde de contos e moito moito medo, ademais dunha visita guiada polo cementerio que vós mesmos creastes.

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión