Clubs
Persoas adultas
Require inscrición
De outubro a maio.
En que consiste o club virtual de lectura?
O Club virtual de lectura é un grupo de persoas que len un libro prestado polas bibliotecas, ou teu, se xa o tes na casa, da man dunha persoa coordinadora que orienta, motiva e asesora. Todos as actividades, comentarios, opinións ou reflexións relacionados coa lectura do libro ou calquera outro aspecto realízanse exclusivamente no blog do club (polo que non é necesario reunirse periodicamente).
Sabemos que o noso modelo de vida deixa pouco tempo para a lectura ou para asistir a faladoiros literarios. O club virtual de lectura, ou como o coñecemos máis familiarmente, o Ciberclub, naceu coa vocación de trasladar á Internet, á blogosfera, o tradicional club de lectura de tantas e tantas bibliotecas. A gran vantaxe é que non hai horarios, nin desprazamentos; simplemente goza da túa lectura e comenta cando queiras ou poidas.
Non necesitas ser unha persoa experta, simplemente cómpre que teñas gana de ler e, sobre todo, de compartir lecturas, opinións, reflexións...
Inscríbete
Que debes ter en conta?
Ademais, eliminaranse todos aqueles comentarios con contido que:
Onde e cando?
Lugar |
Día da semana | Horario | Frecuencia |
Blog do Ciberclub | Todos os días | A calquera hora | A que ti queiras |
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible