Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Clubs de lectura cidadáns

Tipo de actividade:

Clubs

A quen vai dirixido?:

Persoas adultas

Require alta do club nas bibliotecas.

Queredes montar o voso propio club de lectura ti e algunhas amizades ou persoas afíns aos teus gustos literarios? Nós poñemos os libros!

En que consisten exactamente os clubs de lectura cidadáns?

Se ti e algunhas amizades ou persoas afíns aos teus gustos literarios queredes montar o voso propio club de lectura de forma autónoma e autoorganizada, e sodes 6 ou máis persoaias, agora as bibliotecas municipais ofrecémosvos a posibilidade de vos prestar ata 20 exemplares dos títulos de lectura que temos reservados nos nosos fondos propios para os clubs. Para solicitar este préstamo hai que rexistrar o club como colectivo socio das bibliotecas municipais da Coruña.

Como se rexistra o club?

Podedes dar de alta o club de xeito presencial, acudindo á biblioteca que teñades de referencia, ou a través dun formulario web. Como sería?

  • Na biblioteca: tedes que solicitar un formulario e completalo cos seguintes datos: nome do club de lectura + datos da persoa responsable + datos de comunicación  + firma da persoa responsable.
  • Na web: entrar no formulario " Solicitude de carné  " dispoñible para entidades, seleccionando "club de lectura" e logo "Grupo de persoas".

Cales son os libros dispoñibles para o préstamo dos clubs de lectura cidadáns?

No noso catálogo en liña podedes atopar unha selección de libros dos fondos propios para os préstamos aos clubs de lectura dentro da escolma de bibliografías recomendadas. Fai a túa selección e ponte en contacto coa túa biblioteca para consultar a súa dispoñibilidade. Se o prefires podes consultar directamente coa Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano , que é a que xestiona estes materais.

Condicións do préstamo

Os materiais deberán estar dispoñibles e non ter asociada ningunha reserva previa.

Prestarémosche un máximo de 20 exemplares de cada título durante un máximo de 60 días. 

As bibliotecas ofrecen algún espazo de reunión?

NON poñemos o espazo. Se nalgún intre queredes reservar un espazo para vos reunir tedes que seguir o procedemento habitual para o préstamo de espazos nas bibliotecas, xa que, dada a demanda, non podemos comprometernos a ceder un espazo continuado no tempo.​

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión