Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Clubs
Persoas adultas
Require inscrición
De outubro a maio. Quincenal
¿En que consiste O Pensatorio - Café filosófico?
O Pensatorio pretende ser un espazo de encontro para persoas ás que lles gusta dialogar e debater ideas achega do mundo que nos rodea. Nel propoñémonos retomar a vertente práctica e comunitaria da filosofía, que se basea no exercicio activo e en común da capacidade racional que todos temos.
A partir de distintos materiais (textos filosóficos, literarios, etc), que nos servirán de eixo temático, e ao longo dunha serie de sesións, iniciaremos un diálogo aberto que non necesariamente ten que conducirnos a respostas concluíntes e definitivas senón, máis ben, como corresponde á verdadeira actitude filosófica, a abrir novos interrogantes e descubrir puntos de vista alternativos aos nosos.
Para participar non é necesario ter coñecementos previos de filosofía, tan só espírito crítico e ganas de cuestionarse as cousas.
¿Como participar?
Onde e cando
Biblioteca | Día | Hora | Periodicidade | Prazas |
Biblioteca Vos Rosales | Martes | 18.30h | Quincenal | 10 |
Martes | 18.30h | Quincenal | 10 | |
Venres | 11.00 | Quincenal | 12 |
MEDIDAS COVID
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible