Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Fiando historias: club de lectura fácil

Tipo de actividade:

Clubs

A quen vai dirixido?:

Xuvenil / Público adulto

Require inscrición

De outubro a xuño

En qué consiste o club Fiando historias?

As bibliotecas públicas teñen como misión garantir o acceso á información e á cultura a toda a cidadanía, sexa cal for a súa condición, e basean a súa actividade nas necesidades da poboación do seu territorio. Como bibliotecas abertas a todo o mundo que son, teñen que dar servizo tamén a aquelas persoas que non poden ou non fan uso dos seus servizos pola razón que sexa.

"Fiando historias" nace da conciencia  que toma a Biblioteca Fórum para exercer accións de calado social que redunden en mellorar a vida daqueles cidadáns que están á marxe da programación habitual da biblioteca. Tralo paso de numeresosas entidades e asociacións polo Programa "Achega: a biblioteca como espazo inclusivo para persoas con diversidade funcional" establécese unha relación directa de diálogo e coñecemento real das necesidades dos seus usuarios.

Xorde así a idea de crear un Club de Lectura Fácil para pacientes de Sáude Mental co obxectivo de facelos partícipes dunha actividade que axude a mellorar o seu nivel de compromiso de participación activa na sociedade. A importancia da saúde mental destácase na definición de saúde que figura na propia Constitución da OMS: "A saúde é un estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de afeccións ou enfermidades".

A particularidade serán as actividades complementarias que axuden á comprensión dos textos e á socialización e interacción dos membros entre eles.

En outubro ábrese o prazo de inscrición para participar todo o ano.

Como participar

As prazas adxudícanse por rigorosa orde de inscrición. Ponte en contacto coa biblioteca por se aínda quedan prazas dispoñibles

Onde e cando?

Lugar

Día da semana Horario Frecuencia
Biblioteca Fórum Xoves 11 horas Semanal

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión