Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

O cuarto propio: lecturas feministas

Tipo de actividade:

Clubs

A quen vai dirixido?:

Público xuvenil e adulto

Require inscrición

De outubro a maio. Mensual

En que consiste O cuarto propio?

O cuarto propio é o club de lectura feminista da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña, que vén completar o amplo catálogo de accións de promoción da lectura e da igualdade e diversidade que ofrecemos, como o centro de interese Xénero e feminismos ou o club de lectura LGTB QUEERuña.

Nos encontros, de periodicidade mensual, comentaremos e valoraremos grupalmente os libros que a biblioteca facilitará de forma gratuíta. Servirán de ferramenta de aprendizaxe colectiva para a necesaria transformación social a través da reflexión sobre as novas formas de familia, o feminismo, a importancia dos coidados ou, entre outras cousas, as mulleres que cambiaron o mundo.

Pretendemos que as citas sexan dinámicas e variadas e, por iso, a elección dos temas para debater nas sesións será rotativa, aínda que contaremos coa axuda dunha persoa coordinadora.

Como participar

  • En outubro ábrese o prazo de inscrición para participar todo o ano.
  • As prazas adxudícanse por rigorosa orde de inscrición.
  • Ponte en contacto coa biblioteca por se aínda quedan prazas dispoñibles.

Onde e cando

Lugar Día da semana Hora Prazas Frecuencia
Biblioteca Ágora Xoves 19.30 h 20 Mensual

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión