Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Son moi numerosos os traballos académicos que falan sobre a importancia de que as bibliotecas públicas poñan a disposición do público materiais que visibilicen as opcións sexuais non heteronormativas, ou LGTBI (lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais), para, por un lado, contribuír á súa normalización e, polo outro, loitar contra a LGTBIfobia brindando a oportunidade de achegarse a esta temática ao público que, a priori, poida ser reacio.
As municipais entenden
As bibliotecas propuxémonos, no ano 2012, impulsar a presencia de materiais LGTBI e, ao tempo, darlle un tratamento especial aos materiais dos que xa dispoñíamos. Estes materiais reúnense seguindo varios criterios:
En definitiva, destacar o que Gonzalo Hermo denomina "escrita queer" que é aquela que pretende desestabilizar o discurso heteropatriarcal.
A iniciativa abarca todo o traballo puramente bibliotecario (desde a selección dos fondos ata a súa adquisición e posta a disposición do público), pero tamén todo aqueloutro de difusión dos materiais e organización de actividades vinculadas, como a posta en marcha do que é o primeiro club de lectura LGTB de Galicia, o #QUEERuña.
Os materiais LGTB
No catálogo en liña podes recuperar todos estes materiais lanzando unha busca coas siglas "LGTB". Combinando este termo con outros coma "homosexualidade" ou "lesbianismo" podes perfilar aínda máis os resultados. Se che interesa filtrar por formato, combínao con termos coma "novelas", "cómics", "dicionarios", "contos", "guías", etc.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible