2022 é o Ano Internacional María Casares. As bibliotecas municipais únense ao resto da programación municipal para dar a coñecer a esta importante muller de orixe coruñesa que foi unha gran dama do teatro francés e unha personaxe moi influente da vida cultural e social da Francia do século XX.
O noso programa, Lemos para ti, dedícalle un ciclo temático a través da lectura de fragmentos que van desde a súa propia autobiografía, "Residente privilexiada", ata obras como: estudos, biografías, artigos ou literatura. Pequenas pingas que che mostrarán a intensa e apaixonante vida de María Casares.
Arrincamos en febreiro e os podcast están dispoñibles nas nosas canles de Ivoox e Spotify!
Pica para escoitar máis podcast a continuación
Podes escoitar máis podcast sobre María Casares picando na ligazón:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible