Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Préstamo a domicilio en tempos de COVID

voluntaria préstamo

O programa Préstamo a domicilio adáptase á nova normalidade para seguir facilitando que as persoas socias poidan solicitar e recibir na súa casa os materiais bibliográficos dispoñibles na colección das bibliotecas municipais (libros, videos, música)

Debido ás circunstancias actuais, ampliamos o perfil das persoas usuarias ás que vai dirixido:

  • Persoas de risco frente ao Covid
  • Persoas con mobilidade reducida temporal ou permanentemente
  • Persoas enfermas ou que non se poidan desprazar á biblioteca por ter persoas ao seu cargo.

As condicións de uso son as mesmas que para o préstamo individual. As encargadas de levar e traer os materiais son as persoas voluntarias.

Como solicitar os materiais

  • Se tes o carné das bibliotecas: chama á túa biblioteca e solicita os materiais do teu interese. Podes, se o prefires, pedirnos recomendacións e farémolas con gusto. Despois disto, a biblioteca ou a persoa voluntaria acordarán contigo o día e a hora para a entrega e devolución dos materiais.
  • Se non tes o carné das bibliotecas podes optar:
    • Por proporcionarnos por teléfono os teus datos, para que a persoa voluntaria che entregue os materiais canda un impreso de solicitude de carné que deberás asinar; 
    • a persoa voluntaria fará a xestión levando o documento de solicitude de socio/a á túa casa para que o cubras, o asines e o deposites na bolsa no momento de devolución dos materiais.

Entrega e recollida dos materiais prestados:

As persoas voluntarias recollerán na biblioteca os documentos solicitados, que irán nunha bolsa pechada, e levaranchos á casa.

Deixará a bolsa na porta para que non exista ningún tipo de contacto. O mesmo sucerá na recollida.

A voluntaria recollerá os documentos na porta do domicilio na mesma bolsa e devolveraos á biblioteca.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión