Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de abril de 2017

Excarceración en Avda. Monserrat

Na madrugada do 27 de abril de 2017, tivemos unha das intervencións de tráfico máis complicadas no que se refire á extracción da vítima sen causarlle maior dano.

Ás 3:13 horas da madrugada do 27 de abril de 2017, recibiamos unha chamada informando dunha saída de vía cunha persoa atrapada na Avenida de Monserrat. A información que recollemos é que o condutor está consciente pero atrapado polo cadro de mandos e volante. O vehículo está envorcado lateralmente sobre o lado do condutor.

Desprazámonos con tres dotacións ao lugar. É rescate complicarase ao estar o vehículo "enclaustrado" nun peche dunha casa unifamiliar. Aínda que o rescate durou máis do habitual por onde estaba o vehículo, en ningún momento tememos pola vida do condutor.

O condutor foi trasladado por persoal de 061 ao CHUAC e outra dotación de bombeiros trasladouse ao lugar para sacar o vehículo do "buraco".

Semanas despois, o condutor presentouse nas instalacións do parque de bombeiros para darnos as grazas. Nós felices de velo ben e sen secuelas importantes do accidente

Páxina web:

https://flic.kr/s/aHsmJBxwKT

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión