Concello da Coruña

Concello da Coruña

Alteración no trafico

Incidencias no trafico durante a celebración da XVI C10

O vindeiro domingo 24 de abril celebrarase a carreira CORUÑA POPULAR, C-10, coas seguintes alteracións no tráfico:

Ás 09.30 h. procederase ao peche do circuíto cos seguintes tramos:

  • Ata as 10.35 h corte TOTAL do San Andrés- rúa Alta- PASEO MARÍTIMO, tramo Curros Enriquez- Calvo Sotelo.
  • Ata as 10.45 h. corte TOTAL de Rubine-praza Pontevedra- Juana de Veiga - Sánchez Bregua.
  • Ata as 11.15 h. corte TOTAL da estrada do Porto e vías interiores do porto.
  • Ata as 11.45 h. corte PARCIAL de Linares Rivas, Primo de Rivera .
  • Ata as 11.45 h. corte TOTAL do Cantón Pequeno - Cantón Grande- avda. da Mariña.

Estes cortes habilitan as seguintes medidas:

  • O desvío habitual na AC-11 Alfonso Molina, desde as 7.30 h. ás 12.15 h., conectándose Alfonso Molina con avda. do Porto de forma directa habilitándose un carril de saída pola calzada de entrada.
  • No Paseo Marítimo os tráficos desvíanse por Curros Enriquez e Calvo Sotelo.
  • ÁBRESE ao tráfico de 7.00 a 11.45 a rúa Santa Lucía.
  • A AC-12 avda. da Pasaxe, mantense aberta ao tráfico ata a Casa do Mar, onde se desvía o tráfico de entrada cara a Ramón y Cajal.
  • En todo momento mantense o carril de saída en Linares Rivas desde praza de Ourense ata o Viaduto de Alfonso Molina.
  • Mantense un carril de saída desde Costa da Palloza con Ramón y Cajal.

ACLARACIÓNS:

  • Quedan suprimidas as paradas do transporte metropolitano de praza de Ourense e Entrexardíns, manténdose Catro Camiños (de 9.30 a 11.45).
  • Suprímense as paradas de taxis situadas no circuíto, con especial atención aos Cantóns, Porta Real e Modesta Goicouria.
  • Suprímese o estacionamento en Rubine, Juana de Veiga e cruzamento Casa do Mar- estrada do porto, no resto do percorrido prohíbese desaparcar de 9.30 a 11.45 h.
  • Reiterar a apertura do paseo Marítimo- praias ás 10.35 h.
  • Entrar e saír a Monte Alto - Cidade Vella obrigatoriamente por Linares Rivas-avda. do Porto túnel Mariña/Parrote/María Pita .

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión