Concello da Coruña

Concello da Coruña

Preguntas frecuentes

A QUE HORA É A SAÍDA?

A saída das primeiras quendas da proba terá lugar ás 10.00 horas.

PODO ELIXIR O MEU CAIXÓN DE SAÍDA?

Haberá 6 caixóns de saída distribuídos segundo os dorsais asignados. Os participantes deberán colocarse na zona acoutada que lles corresponda na saída, segundo o dorsal que se lles asignase. Deberán estar nos seus postos 10 minutos antes do disparo oficial de saída.

Caixón 1 menos de 0:36:00
Caixón 2 menos de 0:41:00
Caixón 3 menos de 0:46:00
Caixón 4 menos de 0:51:00
Caixón 5 menos de 1:00:00
Caixón 6 resto

UNHA MESMA PERSOA PODE RECOLLER VARIOS DORSAIS DE CARREIRA?

Pode, sempre que conte coa autorización dos atletas, entregando imprescindiblemente a documentación que dite o protocolo COVID-19 do/a participante que figurará no formulario de inscrición. No caso de non ser presentada, o dorsal non se entregará.

CHIPS E DORSAIS

Todos os corredores deberán de levar ben colocado o dorsal que inclúe o chip para poder entrar nas clasificacións. Haberá varios puntos de control de chips ao longo de todo o percorrido. A participación sen dorsal, co dorsal ou chip doutro corredor ou cun dorsal que non sexa o oficial da proba, está totalmente prohibido. Todas a categoría corren con chip e dorsal, excepto a de peques que só leva dorsal.

COMO CHEGO Á SAÍDA?

Recomendámosche que o fagas en transporte público para favorecer, deste xeito, a mobilidade e o compromiso cun evento sostible. Máis información na sección Avisos de Tráfico da web municipal www.coruna.gal.

GARDARROUPA EN SAÍDA / CHEGADA

Haberá servizo de gardarroupa de 09.00 a 12.00 nas inmediacións da zona de saída.

SERVIZO DE ASEO

Haberá servizos químicos (WC) nas inmediacións da zona de saída/meta e nunha zona próxima ao avituallamento intermedio.

SERVIZO DE DUCHAS

Haberá duchas para todos os participantes no Frontón Municipal de Riazor dende as 10.00 as 14.00 h. Deberase ensinar o dorsal.

HABERÁ AVITUALLAMENTO?

Posto de avituallamento para todos os participantes situado á metade do percorrido, no cruzamento de avda. do Exercito coa estrada do Porto, así como na zona de meta.

Calquera avituallamento fóra da zona marcada pode supoñer a descualificación da proba.

Ademais, poñeranse a disposición dos/as corredores/as colectores suficientes para a recollida selectiva de residuos e que son de uso obrigatorio, polo que a non utilización destes por parte dos/as atletas poderá supoñer a descualificación.

SERVIZO DE FISIOTERAPIA

Estará instalado nas inmediacións da zona de meta

ENTREGA DE TROFEOS

Outorgaránselles os trofeos no palco da entrega de premios ás tres primeiras persoas clasificadas de cada unha das categorías indicadas no artigo 10.

  • Entrega de trofeos carreira absoluta: 12.00 h.
  • Entrega de trofeos carreiras de menores: 14.00 h.

CLASIFICACIÓNS

Publicaranse nas páxinas web do Concello da Coruña e FGA. Non haberá exposición física das listaxes de resultados.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión